Nova edición de “BOOKTUBERS”

 Amiguiños e amiguiñas!

Informamos que ao longo do mes de maio estaremos desenvolvendo a campaña “Convírtete en Booktuber” na que solicitamos a vosa colaboracion para facer un video no que poderedes recomendar o libro que queirades.

Acordádevos de indicar o voso nome, curso e título do libro. A continuación facede a vosa recomendación, en galego, ao redor de 15-20 segundos.

Importante!! Que alguén vos grave co móbil en posición vertical!!

Unha vez feita a gravación, pedídelle a un adulto que a mande ao móbil de Dirección. E listo! Xa seredes uns auténticos “Booktubers”.

Animádevos!!

(Cómpre salientar que o feito de participar nesta campaña implica o consentimento  implícito para publicalo nas RRSS do centro e poder emitilo na televisión do centro e nas aulas.)