RETO #8

Ola a todas e todos!

Xa está aquí maio!!

Comeza a recta final do curso e tamén o último dos retos da Biblioteca.

Como ben sabedes, o 17 deste mes conmemorase o Día das letras Galegas, este ano dedicado á poeta, música e docente Luísa Villalta. E continuando coa labor de investigación que tan ben fixestes no Reto #7, animámosvos a indagar sobre esta autora para contestar a unhas sinxelas preguntiñas sobre ela. Vide á Biblioteca a recoller o cuestionario e rematade de completar o voso Pasaporte Lector!

Deixámosvos unhas pequenas pistas que vos guiarán nas vosas pescudas. Premede nas imaxes e deixádevos levar polo mundo de Luísa Villalta.