23 de Abril: Día do Libro

Ola rapazada:

Sabedes que día é hoxe? Pois sí, efectivamente, aparte de ser o 23 de abril , cada ano neste día se celebra o Día do Libro.

Neste día, quero mostrarvos este video  que se titula:

“Moito mellor agora”

E para fomentar a lectura aparte dun bo libro….“A mellor curta para fomentar a lectura”

Para manterme algo ocupado e conectado con vos, que vos parece adicarlle este espazo  a recomendar algún libro que vos guste???.

Por iso, lanzamos o RETO 3coas mellores recomendacións lectoras. Mandade a vosa foto co libro que vos gustaría recomendar e porque o poñedes no podium.

Enviade a vosa recomendación a biblioteca@ceippdepalmeira.net

Ata vernos moi pronto, amiguiño/as!!

Unha aperta, Agapito.

Semana do Libro: Adeus amigos, Gene Deitch e Luz Pozo!

Boas rapazada:

Nesta semana adicada ao libro estou especialmente triste porque finaron dous amigos meus ,moi coñecidos polos seus logros no mundo da lectura. Fálavos de Gene Deitch e Luz Pozo Garza que finaron esta semana. Vos preguntaredes quenes son, verdade? Podedes acceder á información sobre a súa vida a través dos enlaces.

Por outra banda, estou seguro que coñecedes de sobre ás persoaxes que debuxou por tantos anos  o meu ben querido Gene, sabedes de quen falo? Vouvos dar varias pistas a ver se dades con eles: Son un gato e un rato moi traviesos que fan trastadas por onde van.Moi ben rapaces!! Efectivamente estaba falando de Tom e Jerry!!!

Aquí vos deixo unha pequena mostra dos debuxos convertidos a película do meu amigo Gene.

https://www.youtube.com/watch?v=H7tI7LMGfrs

A  miña ben querida amiga Luz Pozo  Garza escribiu fermosa poesía pola que se fixo coñecida. Este  é un pequeno fragmento  dun precioso poema do que fago unha pequena honra.

 

 

 

 

 

 

 

Buenos amiguiños, pasarei estos días de confinamento na biblioteca do cole rememorando entre risas e bágoas a estes dous grandes aventureiros das palabras e dos debuxos.

Coidádevos amoito e dende este baleiro cole mándovos unha  forte aperta virtual e recordade….

Agapito