Proxecto anual de biblioteca: Vida submarina

“Curiosidades dos animais mariños”

O alumnado de 1ºA  investigou sobre as curiosidades dalgúns animais mariños moi coñecidos: como a estrela de mar, o cabaliño de mar ou mesmo os polbos. Coa información recollida realizaron este mural que se atopa exposto no corredor do colexio, alí poderedes velo con máis detalle.

Sabiades que hai preto de 2.000 especies no mundo de estrelas de mar? E que a tinta dos polbos é tóxica para os seus inimigos e para eles mesmos/as?

Curiosidades dos animais mariños

(Premede na ligazón anterior para ver o vídeo)

Esperamos que gocedes con el!

Proxecto anual da biblioteca: Vida submarina

Continuamos mostrándovos os produtos e traballos do proxecto de Vida “Submarina”
Nesta ocasión queremos ensinarvos esta maqueta  e traballo de investigación sobre os tiburóns feito polo alumnado de Educación Primaria.

Sabíades que os tiburóns habitan todos os océanos do mundo?

No seguinte mural os alumnos e alumnas sintetizaron onde habitan as quenllas:

Proxecto anual da biblioteca: Vida submarina

O noso alumnado está a piques de rematar os traballos de investigación que fixeron ao longo deste curso escolar sobre a vida submarina.
Aqui vai un adianto dunha das propostas das aulas de E. Infantil



Esperamos que gocedes vendo os productos deste proxecto.