Reto 4: Mulleres pola Paz

Como xa sabedes o dia 30 de xaneiro conmemoramos o “Dia escolar pola Paz e a non violencia”

Por iso no reto do mes de xaneiro terás que investigar sobre as mulleres que foron galardonadas co Nobel da Paz ao longo da súa historia.

Se queres saber cales foron estas mulleres podes botar un ollo a este documento editado pola Universidade do Pais Vasco

Mujeres premios nobel de la paz

Máis ciencia na nosa biblioteca!

Desta volta foi o alumnado de 5º o que realizou un obradoiro de “Extracción de material xenético do tomate” da man de Alba Santos, doutora en Biomediciña e ex-alumna do noso cole!

Alba actualmente traballa en Madrid pero non dubidou en aceptar o noso convite para volver ás aulas pero non como alumna se non como científica!

Nunha presentación explicounos como era o traballo nun laboratorio e propuxonos seguir os pasos para poder extraer material xenético dun tomate

 

e iso foi o que fixemos! Coa súa axuda fomos vertendo, collendo, movendo e esperando  …… que a paciencia é a nai da ciencia!!!!

Grazas Alba por volver ao cole onde estudiaches para compartir con nós un pouquiño do teu traballo e para poñer en valor a figura da muller na ciencia.

E quen sabe se no futuro algún/nha dos que estiveron hoxe no obradoiro seguen os teus pasos….

 

 

 

 

Ciencia na biblioteca!

Hoxe estiveron con nós Cris e Eduardo, da Unidade Técnica de Biotecnoloxía e Mellora Forestal (MBG_CSIC) para desenvolver co alumnado de 6º un obradoiro de cultivo in vitro.

Con este obradoiro coñecimos o traballo destes dous científicos que aplican ferramentas biotecnolóxicas baseadas no cultivo in vitro para lograr a multiplicación e conservación de especies leñosas como o castiñeiro. o carballo, a sobreira,…

Foi unha xornada realmente especial na que nos puxemos na pel das persoas que co seu traballo de investigación logran avances dos que se benefician todos os seres vivos.  Eduardo e Cris nos contaron que a biotecnoloxía é o uso dos seres vivos e os seus procesos para o desenvolvemento de produtos de interese para fins humanos.  Dixeron tamén que isto non é algo novo xa que a humanidade aplicou a biotecnoloxía ao seu beneficio ao longo da súa historia replicando os procesos biolóxicos dos microorganismos durante máis de 6 milenios. Dende tempos arcaicos na elaboración de alimentos como o pan ou o queixo ata hoxe para producir antibióticos ou vacinas.

E quen sabe se no futuro algún de nós tamén se dedica á ciencia?? Hoxe xa nos meteron o gusanillo no corpo…..

O Club de lectura inicia a súa andaina!!

Este luns 18 de novembro o club de lectura do 3º ciclo iniciou a súa andaina. Desta volta dez nenos e nenas  leremos “Correo urxente” de Paula Carballeira e xuntaremonos no tempo do PICI para comentar o libro.

Agradecer dende aquí ao Cole do Corniño o empréstito dos exemplares para poder levar a cabo esta iniciativa. Graciñas!

Reto 2: Mulleres científicas

Comeza un novo mes e con el un novo reto na nosa biblioteca!

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego e por iso na entrada da nosa bilbioteca temos unha exposición de fondos relacionados con mulleres científicas.

Anímate a investigar sobre a vida de Marie Curie, Angeles Alvariño, María Barbeito, Isabel Zendal….. e escribe unha pequena biografía para así conseguir superar o reto 2 do noso Pasaporte Lector!

 

 

 

 

 

E se non dades agardado a visitar a nosa biblioteca podedes botar un ollo a estes videos moi moi interesantes.

Premede nos enlaces debaixo de cada imaxe.

Olimpia Valencia: a primeira xinecóloga galega

Jimena e Elisa Fernández de la Vega: primeiras mulleres licenciadas en Medicina en Galicia

Antonia Ferrín Moreiras: a primeira astrónoma galega

 

 

 

 

 

Día das bibliotecas

Boa tarde rapazada! Sabedes que día é hoxe?

24 de outubro, Dia das bibliotecas, claro! Pois como tódolos anos no noso cole conmemoramos esta data coa posta en circulación das mochilas viaxeiras. Cada aula ten a súa e por turno rotatorio tódolos nenos/as levarana para as súas casas para poder gozar de boas lecturas en familia. Seguro que xa vos tarda, non si? Paciencia e non esquezades deixar os vosos comentarios no caderno de apuntamentos!!!

 

Novidades na nosa biblioteca!

Bo día rapazada!

Chegaron novidades á nosa biblioteca que seguro serán do voso interese! Pasade pola biblioteca nos recreos ou nas tardes de luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas e botádelle un ollo.

Xa me contaredes…..

Día das escritoras 2024

Cada ano o luns máis preto ao 15 de outubro (festividade de Santa Teresa de Xesús, conmemorase o Día das Escritoras.

Este día acordarémonos de marabillosas escritoras como Filomena Dato, Maria Xosé Queizán, Lucía Aldao, Berta Dávila, Fina Casalderrey, Ana Mª Fernández, Montse Fajardo, Iolanda Castaño, …. pero sobre todo de Ledicia Costas xa que foi a autora escollida pola Xunta de Galicia para conmemorar este día pola súa grande labor de difusión do galego dentro e fora de Galicia.

Na nosa biblioteca temos moitas das súas obras : Escarlatina, a cociñeira difunta, A señorita Bubble, As peripecias de Extravaganzza Pérez,…. Achégate a ler algunha delas!

e se queres saber algo máis desta nova podes consultar no seguinte enlace

Ledicia Costas homenaxeada no Día das escritoras 2024

Unha nova muller referente: Han Kang, premio Nobel de Literatura 2024

E hoxe estamos de noraboa!

A escritora Han Kang ven de ser galardonada co premio Nobel de Literatura 2024 sendo, aos seus 53 anos, a primeira muller surcoreana e a primeira muller asiática en obter este galardón.

De seguro que será obxecto dalgunha das investigacións que se leven a cabo nas nosas aulas dentro do proxecto anual de Biblioteca “Palmeira con A”

Pero se queredes saber algo máis da súa obra podedes consultar os seguintes enlaces:

4 obras fundamentales de Han kang

La vegetariana, Blanco y otros libros por los que creo que Han Kang se merece el nobel de Literatura