Recomendacións de lectura para o 8 de marzo

Ola a todos e todas!

Dende o equipo de biblioteca queremos convidarvos a botarlle un ollo ás recomendacións de lectura para o próximo 8 de marzo, data na que se celebra o Día Internacional da Muller.

No expositor que hai fronte á biblioteca, podedes botarlle unha ollada a estes e outros títulos que seleccionamos para conmemorar a loita das mulleres pola igualdade.

Esperamos que gocedes con todos eles!