Grazas pola vosa asistencia!!!

Onte tivemos a xornada de portas abertas na nosa biblioteca! Demos a coñecer a colección, como está organizada, as actividades que se van desenvolver ao longo do curso, fixemos novas socias,….

e tomamos un café e repartimos agasallos para todas as personas que se achegaron a compartir un anaquiño de tarde con nos.

Gracias pola vosa asistencia familias!

Reto 1: Minisagas terroríficas

Bo día rapazada!

Aí vai o reto de outubro; mini sagas terroríficas!!!

Eres quen de escribir un microrrelato de temática terrorífica , cunha protagonista feminina, en galego e cunha extensión máxima de 50 palabras??

Lembra que na exposición da entrada da biblioteca temos moitos libros de contos de medo que che poden servir de inspiración.  Agardámoste!!!

 

Palmeira con A

Bo dia rapazada!

Este curso o proxecto de biblioteca do noso cole leva por título “Palmeira con A”.

O tema está vinculado co obxectivo 5 da Axenda 2030 : lograr a igualdade entre os xéneros e apoderar a tódalas mulleres e nenas.  Se queres saber máis preme neste enlace para ver o vídeo

Na entrada da biblioteca xa temos unha pequena selección de fondos para coñecer a vida e logros dalgunhas mulleres referentes en eidos tales como aviación, sufraxio universal, bioloxía, enfermeiría, …..

Achégate e colle algún deles ou le algunha das biografías do taboleiro, de seguro que cando saibas dalgún dos seus fitos quedarás pampo/a!!!

Novos retos na nosa biblioteca

Boa tarde rapazada!

Volve o pasaporte lector á nosa biblioteca e con el novos retos mensuais!!!

Achégate á bilioteca nos recreos ou nas tardes do luns , mércores e xoves de 16 a 18 horas e pide o teu pasaporte.

 

 

 

 

 

 

 

En breve anunicaremos o primeiro reto.

Estades preparados/as???

Xornada de portas abertas

Boa tarde rapazada!

Sabedes que estamos argallando para o vindeiro martes 1 de outubro? Non? Pois nada máis e nada menos que unha xornada de portas abertas onde as vosas familias poderán vir coñecer a nosa biblioteca!!

Ese día as familias descubrirán como o é o espazo da biblioteca, como ordeamos os libros, qué poden facer alí nas tardes do luns, mércores e xoves,…..e ademáis mentres as convidamos a facerse socias da nosa biblioteca tomaremos un cafeíño entre tantos libros como temos!!

Non o podedes perder!!! Agardámosvos!!!

 

 

PROXECTO COIDEMOS OS BOSQUES: Aves do Barbanza.

Aquí estamos de novo con outra das vosas creacións sobre a temática dos bosques!

Desta volta parámonos na clase de 1º A, que nos agasalla con este elaborado mural con información sobre as aves máis características da comarca do Barbanza.

Se queredes saber máis sobre elas, só tedes que escoitar o Programa 26 de Radio Lombiña. Nel, os rapaces e rapazas de 1º A expoñen as características máis salientables de cada unha de estas aves.

Tamén é posible acceder á emisión mediante os códigos QR que se atopan no mural.

Aquí tedes o enlace para non perder detalle.

PROXECTO “COIDEMOS OS BOSQUES”: Que chegan os invasores.

Moi boas rapazada!

Nesta ocasión pasámonos por aqui para encomiar o traballo colaborativo que fixestes entre todos da man do equipo de Medio Ambiente, sobre as plantas invasoras da nosa contorna.

No corredor da planta baixa está colgado un mural onde se recollen os diferentes roteiros polos cales fostes na busca destas plantas, cantas variedades de plantas atopastes e en que punto exacto do roteiro se poden ver.

Bo traballo!