Día Europeo das Linguas.

Bo día!

Como cada 26 de setembro desde 2001, Europa celebra o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa impulsada polo Consello de Europa co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística do continente e impulsar entre a poboación a aprendizaxe de linguas.

Sabes cantas linguas se falan en Europa? Serías capaz de recoñecelas?

Preme na imaxe e descobre se eres un bo “detective lingüístico”

Abrimos as portas!

Co fin de dar a coñecer o espazo da nosa Biblioteca e as diferentes actividades que podemos desenvolver nela, convidamos a toda a comunidade educativa ( pais, nais, avós, avoas…) ás II Xornadas de Portas Abertas.

Non volo perdades!

Agardámosvos na Biblioteca este martes 26 de setembro de 17:00 ás 18:30h.

  

Boas novas!!

Hoxe temos o pracer de comunicarvos dúas excelentes novas relacionadas con dous exalumnos do noso centro:

Por un lado animámosvos a asistir hoxe á presentación do libro “Carme e a Serea Mariña” de Ana Rial. Será ás 20: 30, na Casa do Mar de Palmeira.

 

Por outra banda, felicitar a Manuel e aos seus compañeiros da  Escola Politécnica de Inxeñería da Universidade da Coruña polo premio recibido na feira  IndieDevDay que tivo lugar esta fin de semana en La Farga de Llobregat (Barcelona). Aquí o enlace á noticia.

Parabéns!

Día Internacional da Lingua de Signos.

  Comezamos a nosa andaina este novo curso lembrándovos que esta semana celébrase a Semana Internacional das Persoas Xordas, baixo o lema ‘Un mundo donde las personas sordas podamos signar’.

Un dos días destacados nesta semana é o sábado 23 de setembro, no que se celebra o Día Internacional das Linguas de Signos.

As linguas de signos son linguas naturais de carácter visual e manual  que cumpren as mesmas funcións que calquera outra lingua. Non hai unha única lingua de signos no mundo, cada país ten unha ou varias. No Estado español, están recoñecidas a lingua de signos española e a lingua de signos catalá.

Invitámosvos a escoitar esta canción publicada por @donsigno na que podedes descubrir os beneficios de aprender unha lingua de signos.

Xa estamos de volta!!!

Ola amiguiños e amiguiñas, o curso xa comezou e en breve a nosa biblioteca volverá a abrir as súas portas cunha chea de novidades!!!

Estade atentos e atentas porque ides quedar coa boca aberta!!!

Agárdovos!!!

 

Proxecto Bubisher

E xa case pechando este blog por este curso recibimos os agradecementos da “Asociación de escritores por el Sahara-Bubisher” por ter colaborado no seu proxecto.

Agradecidos nós por poder poñer o noso graíño  de area!!!

Biblioteca solidaria

O curso chega á súa fin e con el tamén un proxecto solidario que naceu tras escoitar a ponencia de Gonzalo Moure nas Xornadas de Bibliotecas Escolares 22-23. Nel falaba do Proxecto Bubisher e da rede de bibliotecas e bibliobuses que percorren os campamentos de refuxiados saharauies en Tinduf.

Por aquel momento na nosa biblioteca estabamos levando a cabo un expurgo de fondos co fin de retirar  libros que estaban deteriorados ou obsoletos pero tamén aqueles outros que estando en bo estado  tiñan pouca demanda por estar dirixidos a lectores adultos, libros dos que contabamos con decenas de exemplares, ….. Daba moita pena retiralos pero había que facer sitio ás novas adquisicións….

Foi entón cando decidimos organizar un mercadillo solidario en colaboración coa Anpa para que familias e nenos/as se achegaran a mercar un libro a cambio da vontade. E non podemos estar máis que satisfeitos xa que conseguimos os obxectivos que perseguiamos!!! Recadamos 410€ que foron xa ingresados na conta indicacada en http://www.bubisher.org/

A toda a comunidade educativa moitas grazas pola súa implicación!!!

 

Entrevista á escritora Ana Mª López

No noso buzón de suxestións fixéstenos chegar a petición de que subiramos ao blog da biblioteca o podcast coa entrevista que no seu día lle fixo o alumnado de 6º a escritora Ana Mª López.

A autora de “A tiempo” é exalumna do noso cole e por iso foi todo un pracer facerlle unha entrevista o día que veu presentar no noso cole a súa primeira novela de ficción climática.

Se non a queredes volver a perder dádelle ao “play” e escoitade todo o que nos contou!