BOLETIN DE NADAL 2022: Recomendacions Lectoras

Boas amiguiños/as:

Os dias de descanso están xa moi preto e poderemos adicarlle mais tempo á nosa familia e ao mellor que alguns sabemos facer que é ler grandes e entretidas historias, por iso, non quero esquecerme de publicar as nosas recomendacions lectoras para este Nadal e que aos Reis Magos , Papa Noel Ou Apalpador lle pidamos algun que outro libro para gozalo.

Achego a listaxe: Ollo!! Que non ides dar feito con lecturas tan guais!!

Recomendacions lectoras_ Nadal 2022

 

23 de Abril: Día do Libro

Ola rapazada:

Sabedes que día é hoxe? Pois sí, efectivamente, aparte de ser o 23 de abril , cada ano neste día se celebra o Día do Libro.

Neste día, quero mostrarvos este video  que se titula:

“Moito mellor agora”

E para fomentar a lectura aparte dun bo libro….“A mellor curta para fomentar a lectura”

Para manterme algo ocupado e conectado con vos, que vos parece adicarlle este espazo  a recomendar algún libro que vos guste???.

Por iso, lanzamos o RETO 3coas mellores recomendacións lectoras. Mandade a vosa foto co libro que vos gustaría recomendar e porque o poñedes no podium.

Enviade a vosa recomendación a biblioteca@ceippdepalmeira.net

Ata vernos moi pronto, amiguiño/as!!

Unha aperta, Agapito.

Un día na Biblio

Non hai palabras, non hai máis detalles salvo pasar a ver gozar ao noso alumnado no seu tempo de lecer na Biblio….Que mais se pode pedir?

Xogos, lecturas amenas e boa compaña.

 

21 de Xaneiro: Visita de Xanela de Maxin

O pasado día 21 de xaneiro , o alumnado de Ed. Infantil ata 3º de Ed. Primaria tiveron a oportunidade de estar coa artista Celtia Figueiras coa súa Obra :” Ula Lua”. O alumnado gozou do espectáculo e cremos que lles soubo a pouco….