24 de outubro, Día das Bibliotecas

Qué tal vades rapazada?

Hoxe pásome por aqui para recordarvos dúas cousiñas:

Primeiro, que hoxe martes 24 de outubro, conmemorase o día das Bibliotecas.

    O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasades todas as nenas e todos os nenos do país, é a primeira biblioteca que vos aprende a usar outras, que vos pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas. O lema deste ano, “Tecendo Comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Por este motivo, dende o centro traballamos para convertir a nosa biblioteca nese espazo de conexión e aprendizaxe, un lugar de encontro e de creatividade, onde as historias, as experiencias e os coñecementos sexan os fíos que unan a toda nosa comunidade educativa.

Axúdasnos?

Segundo, recordarvos que aínda estades a tempo de completar o reto nº1 do voso pasaporte lector.

Pasádevos pola biblioteca  a ver os libros que temos preparados para poder facer un debuxo megaterrorífico!!

Ven á biblioteca!!!!