Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Bo día amiguiños e amiguiñas!!

Como xa sabedes, hoxe conmemoramos o Día a da Paz, xornada na que os centros educativos comprometémonos como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar, realizando actividades nas que se fomentan valores como a tolerancia, o respecto e a solidariedade.

Hoxe quixemos reflexionar sobre isto e por iso elaboramos as nosas mensaxes de Paz para mostralas na entrada do cole na nosa nova árbore, que por un día converteuse na “árbore dos bos desexos”.

Tamén os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Primaria elaboraron un bonito manifesto a favor da Paz que logo nos leron a todos e todas no patio.

DATO!! Non hai que confundir o Día Escolar da Non Violencia e a Paz do 30 de xaneiro co Día Internacional da Paz, que se celebra cada 21 de setembro e que está dedicado ao fortalecemento dos ideais de paz. Dita xornada foi establecida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1981. Dúas décadas despois, en 2001 a Asemblea Xeral decidiu por unanimidade designar este Día xornada de non violencia e cesamento do fogo.