23 de Abril: Día do Libro

Ola rapazada:

Sabedes que día é hoxe? Pois sí, efectivamente, aparte de ser o 23 de abril , cada ano neste día se celebra o Día do Libro.

Neste día, quero mostrarvos este video  que se titula:

“Moito mellor agora”

E para fomentar a lectura aparte dun bo libro….“A mellor curta para fomentar a lectura”

Para manterme algo ocupado e conectado con vos, que vos parece adicarlle este espazo  a recomendar algún libro que vos guste???.

Por iso, lanzamos o RETO 3coas mellores recomendacións lectoras. Mandade a vosa foto co libro que vos gustaría recomendar e porque o poñedes no podium.

Enviade a vosa recomendación a biblioteca@ceippdepalmeira.net

Ata vernos moi pronto, amiguiño/as!!

Unha aperta, Agapito.