Semana do Libro: Adeus amigos, Gene Deitch e Luz Pozo!

Boas rapazada:

Nesta semana adicada ao libro estou especialmente triste porque finaron dous amigos meus ,moi coñecidos polos seus logros no mundo da lectura. Fálavos de Gene Deitch e Luz Pozo Garza que finaron esta semana. Vos preguntaredes quenes son, verdade? Podedes acceder á información sobre a súa vida a través dos enlaces.

Por outra banda, estou seguro que coñecedes de sobre ás persoaxes que debuxou por tantos anos  o meu ben querido Gene, sabedes de quen falo? Vouvos dar varias pistas a ver se dades con eles: Son un gato e un rato moi traviesos que fan trastadas por onde van.Moi ben rapaces!! Efectivamente estaba falando de Tom e Jerry!!!

Aquí vos deixo unha pequena mostra dos debuxos convertidos a película do meu amigo Gene.

https://www.youtube.com/watch?v=H7tI7LMGfrs

A  miña ben querida amiga Luz Pozo  Garza escribiu fermosa poesía pola que se fixo coñecida. Este  é un pequeno fragmento  dun precioso poema do que fago unha pequena honra.

 

 

 

 

 

 

 

Buenos amiguiños, pasarei estos días de confinamento na biblioteca do cole rememorando entre risas e bágoas a estes dous grandes aventureiros das palabras e dos debuxos.

Coidádevos amoito e dende este baleiro cole mándovos unha  forte aperta virtual e recordade….

Agapito

Fico na casa- 2º parte

 Boas de novo rapazada: 

Traballando estou para tentar darvos entretementos interesantes para vós e aos vosos papas axudarlles na tarefa de ensinar dende a casa. Eu , como ben sabedes, a miña casa é o cole polo que  aqui vos deixo algunhas suxerencias para que curioseedes. Esperamos que vos guste toda esta recompilación de recursos educativos:

      1. Na Páxina web:”AXUDA PARA MESTRES”podemos atopar:

2. Experimentos dende a web de “PequeOcio”.

3. Na web ” IMAXES EDUCATIVAS” poderedeas atopar multitude de recursos.

     RETO 2:

Quen se atreve a facer esta manualidade? Soamente precisarás un        calcetín vello ou que xa non utilices. Clic aquí para acceder á web: “MOLDES E PATRÓNS”.

Envíanos a túa foto a biblioteca@ceippdepalmeira.net  co resultado do teu traballo e publicarémolas aquí nos vindeiros días.

Ata pronto amiguiño/as!!

Unha aperta virtual, Agapito

24 de marzo 2020- Adeus a Albert Uderzo

Ola rapazada:

Hoxe estou triste pola noticia do pasamento  no día de hoxe, 24 de marzo do 2020 de ALBERT UDERZO. E vos preguntaredes, quen era? Pois foi o creador de dous famosísimos persoaxes galos que encheron as tardes e noites no cole das súas aventuras tan divertidas.

Sabedes de quen estou falando? Moi boa conclusión!!!

Efectivamente falo  de Asterix e Obelix.

Por iso, para facerlle unha pequena honra e xa que non estamos no cole, aquí vos deixo alguns videos e enlaces para que o desfrutedes como o fixen eu durante tanto tempo.

  • ASTERIX O GALO,do que podedes ver o video e acceder á banda deseñada do que tedes que darlle encima.
    1. BANDA DESEÑADA. ” Astérix, O galo”
    2. Video: Película de animación en galego

  • AS DOCE PROBAS DE ASTÉRIX

https://www.youtube.com/watch?v=_jFl2hZaPlc

E como última curiosidade,  sabiades que a palabra”coronavirus” xa saira nun dos comics destes dous amigos? Concretamente no libro de “Asterix e Obelix en Italia” publicado no ano 2017.Xa é casualidade non credes?

Bueno rapaces e rapazas, xa me despido e para honrar a este grande debuxante voume entreter lendo un ou varios libros de Asterix e Obelix da biblioteca en honor ao meu amigo.

Coidádevos moito,

Un aperta virtual forte, Agapito

 

Agapito di: “Fico na casa”

Boas rapazada:

Como xa sabedes este monstro nos obriga a ficar na casa  así que vos vou ir actualizando con recursos educativos interesantes que vos poden servir para aprender e estar entretido/as.

Aquí  vou deixo para ir facendo nestes días.

Moito ánimo e coidadevos moito.

Agapito

 

CONTOS: QUE CONTO LEMOS HOXE?

  • CORONAVIRUS NON É UN PRÍNCIPE NIN UNHA PRINCESA:

  • CORRE, CORRE CABACIÑA:

  • COCORICO:

  • A MELLOR FAMILIA DO MUNDO ( Conto en castelán)

  • SABELA E AS ZOCAS MAXICAS

  • SYMBALOO CON MOITOS CONTOS E ACTIVIDADES EN GALEGO:

SYMBALO

ACTIVIDADES TIC:

  • Tanto se queres viaxer, coñecer algo máis de Historia ciencia ou calquera outra curiosidade ata incluso xogar, este é o teu lugar:

  • AULAS GALEGAS: Actividades para todas as idades:

  • ACTIVIDADES ONLINE PARA EDUCACION INFANTIL:

 

 

  • E POR QUE NON COCIÑANDO EN FAMILIA?
  1. COCIÑANDO CON NENOS. GUÍA INFANTIL
  2. COS MEUS FILLOS.COM
  3. SER PAIS.COM-24 RECEITAS PARA ENTRETERSE.

RETO DO DÍA:

Agora propoñemos un reto asi seguro que o tempo se fai mais entretido:

Faite unha foto co teu libro preferido neste tempo  e envíaa ao email: biblioteca@ceippdepalmeira.net co teu nome  e curso e publicarémola a través deste blogue proximamente.

Unha aperta forte virtual , Agapito