24 de marzo 2020- Adeus a Albert Uderzo

Ola rapazada:

Hoxe estou triste pola noticia do pasamento  no día de hoxe, 24 de marzo do 2020 de ALBERT UDERZO. E vos preguntaredes, quen era? Pois foi o creador de dous famosísimos persoaxes galos que encheron as tardes e noites no cole das súas aventuras tan divertidas.

Sabedes de quen estou falando? Moi boa conclusión!!!

Efectivamente falo  de Asterix e Obelix.

Por iso, para facerlle unha pequena honra e xa que non estamos no cole, aquí vos deixo alguns videos e enlaces para que o desfrutedes como o fixen eu durante tanto tempo.

  • ASTERIX O GALO,do que podedes ver o video e acceder á banda deseñada do que tedes que darlle encima.
    1. BANDA DESEÑADA. ” Astérix, O galo”
    2. Video: Película de animación en galego

  • AS DOCE PROBAS DE ASTÉRIX

E como última curiosidade,  sabiades que a palabra”coronavirus” xa saira nun dos comics destes dous amigos? Concretamente no libro de “Asterix e Obelix en Italia” publicado no ano 2017.Xa é casualidade non credes?

Bueno rapaces e rapazas, xa me despido e para honrar a este grande debuxante voume entreter lendo un ou varios libros de Asterix e Obelix da biblioteca en honor ao meu amigo.

Coidádevos moito,

Un aperta virtual forte, Agapito