Obituario

Hoxe pasámonos por aquí para facernos eco dunha desagradable e triste noticia.

Onte, luns 27 de novembro, faleceu en Vigo Miguel López, máis coñecido como “El Hematocrítico”.

O profesor e tuiteiro coruñés desenvolveu unha próspera carreira como escritor de títulos infantis  como a serie El Bosque de los Cuentos, composta por títulos como Feliz Feroz, Axente Ricitos ou O lobo con botas; a colección de cómics Leyendas del recreo, ou os libros para os máis pequenos: Un canMi hermono y Gaviota gourmet.

 

Na nosa biblioteca contamos con algúns deles.

Dende aquí queremos deixar constancia do noso respeto e admiración. Grazas por todo. DEP

 

Remata novembro…

…e con el o reto de este mes.

Aínda estades a tempo de seguir completando o voso Pasaporte Lector!!!

Recordade, debedes de describir  cómo se leva a cabo un experimento (materiais, preparación, resultado,…) ou cómo funciona calquera aparato ou proceso da nosa contorna.

Bulide!!! Pasade pola biblioteca a consultar os libros que vos temos preparados!!

https://www.instagram.com/reel/CzJm9avsyb1/?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igshid=MzRlODBiNWFlZA==

 

 

 

 

25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

As 3 Bolboretas
Minerva, Patria e Maria Teresa eran 3 irmás da República Dominicana. Estas tres irmás loitadoras viviron nunha época de represión e fixéronse chamar as 3 bolboretas. Loitaron por conseguir igualdade e máis dereitos para as mulleres e isto custoulles a súa liberdade.

Foron encarceradas e o 25 de novembro de 1960 asasinadas.

Nacións Unidas declarou este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Pero xa sabedes que non se trata de estar en contra da violencia un día en concreto. Debemos recordar que educar, traballar e actuar desde a igualdade, a liberdade, a tolerancia e o respecto é tarefa diaria.

 

E ti? Es hater da violencia?

 

 

 

VISITA ESPECIAL

Ola a todos e todas!!

Este mércores tivemos a honra de recibir a visita no noso colexio ao alcalde e á concelleira de Educación.

Os nenos e nenas de 5º de Primaria non perderon  a ocasión e entrevistáronos para o programa da nosa radio, Radio Lombiña.

Podedes escoitar a entrevista aquí.

Mes da Ciencia en Galego.

Boas rapaces e rapazas!

Comezamos o mes de novembro con enerxía!

Este mes celébrase o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e, máis alá da divulgación das grandes figuras e descubrimentos universais, a conmemoración deste mes supón tamén unha forte aposta pola investigación en lingua galega.

Desde a creación do Plan de mellora de bibliotecas escolares (2005) procúrase a integración das ciencias e das humanidades a través de diversas actividades e da actualización da colección das bibliotecas dos centros educativos galegos en estes aspectos.
O blog de Bibliotecas Escolares de Galicia, proporciónanos unha morea de recursos aos que lles podedes votar unha ollada.

Tamén dende a páxina de IGACIENCIA  nos achegan información sobre esta data, ademais de presentarnos o ano 2023 como o Ano Internacional da Saúde para Todos, homenaxeando a Alexander Flemin e a Domingo García-Sabell.

E como non podía ser de outra forma, a nosa pequena aportación a esta conmemoración ven en forma de reto…

Estade atent@s. Continuará…

Atención! Mochilas viaxeiras en marcha!

Rapazada!

Con motivo da conmemoración dos Día da Bibliotecas botáronse a andar as nosas mochilas viaxeiras.

O profesorado fixo unha coidada selección de libros e contos para que, por quendas, poidades levalos ás vosas casas e desfrutar da súa lectura, tanto de xeito individual como coas vosas familias.

Estade atentos ao calendario de entrega e devolución!

Xa nos diredes que tal vos pareceron!

24 de outubro, Día das Bibliotecas

Qué tal vades rapazada?

Hoxe pásome por aqui para recordarvos dúas cousiñas:

Primeiro, que hoxe martes 24 de outubro, conmemorase o día das Bibliotecas.

    O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasades todas as nenas e todos os nenos do país, é a primeira biblioteca que vos aprende a usar outras, que vos pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas. O lema deste ano, “Tecendo Comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Por este motivo, dende o centro traballamos para convertir a nosa biblioteca nese espazo de conexión e aprendizaxe, un lugar de encontro e de creatividade, onde as historias, as experiencias e os coñecementos sexan os fíos que unan a toda nosa comunidade educativa.

Axúdasnos?

Segundo, recordarvos que aínda estades a tempo de completar o reto nº1 do voso pasaporte lector.

Pasádevos pola biblioteca  a ver os libros que temos preparados para poder facer un debuxo megaterrorífico!!

Ven á biblioteca!!!!

Día das Escritoras

Dende o 2016 vense celebrando, o luns máis próximo ao 15 de outubro, o Día das Escritoras.

A celebración deste día xurdiu co obxectivo de recuperar e resaltar o legado das escritoras, ademais de visibilizar as obras das mulleres na literatura.

Agora ben, por que ese día e non calquera outro? Todo ten que ver coa festividade de Santa Teresa de Jesús, a cal é patroa dos escritores españois.

Sabías que moitas mulleres escribiron baixo pseudónimos masculinos para que os seus traballos e libros tivesen o recoñecemento que merecían? Mulleres empurradas ao anonimato ou a ocultar o seu verdadeiro nome.

Se queredes saber o nome de algunha delas votádelle un ollo ao vídeo.

Xa participaches?

Bo día rapazada!

Como van eses debuxos terroríficos? Xa participastes no Reto nº 1 proposto pola Biblioteca?

Que aínda non vos puxestes con iso?

Non hai problema!, tedes tempo ata o último día de outubro. Pero non vos despistedes!

Achegádevos á biblioteca! Temos á vosa disposición moitos libros con variedade de historias e contos tenebrosos que vos poden axudar a cumplimentar este primeiro reto do curso: Ilustrar un conto de medo.

Ánimádevos!!

Fondos expostos na entrada da biblioteca
Fondos expostos na entrada da biblioteca