Desta volta foi o alumnado de 5º o que realizou un obradoiro de “Extracción de material xenético do tomate” da man de Alba Santos, doutora en Biomediciña e ex-alumna do noso cole!

Alba actualmente traballa en Madrid pero non dubidou en aceptar o noso convite para volver ás aulas pero non como alumna se non como científica!
Nunha presentación explicounos como era o traballo nun laboratorio e propuxonos seguir os pasos para poder extraer material xenético dun tomate


e iso foi o que fixemos! Coa súa axuda fomos vertendo, collendo, movendo e esperando …… que a paciencia é a nai da ciencia!!!!


Grazas Alba por volver ao cole onde estudiaches para compartir con nós un pouquiño do teu traballo e para poñer en valor a figura da muller na ciencia.
E quen sabe se no futuro algún/nha dos que estiveron hoxe no obradoiro seguen os teus pasos….

