Ciencia na biblioteca!

Hoxe estiveron con nós Cris e Eduardo, da Unidade Técnica de Biotecnoloxía e Mellora Forestal (MBG_CSIC) para desenvolver co alumnado de 6º un obradoiro de cultivo in vitro.

Con este obradoiro coñecimos o traballo destes dous científicos que aplican ferramentas biotecnolóxicas baseadas no cultivo in vitro para lograr a multiplicación e conservación de especies leñosas como o castiñeiro. o carballo, a sobreira,…

Foi unha xornada realmente especial na que nos puxemos na pel das persoas que co seu traballo de investigación logran avances dos que se benefician todos os seres vivos.  Eduardo e Cris nos contaron que a biotecnoloxía é o uso dos seres vivos e os seus procesos para o desenvolvemento de produtos de interese para fins humanos.  Dixeron tamén que isto non é algo novo xa que a humanidade aplicou a biotecnoloxía ao seu beneficio ao longo da súa historia replicando os procesos biolóxicos dos microorganismos durante máis de 6 milenios. Dende tempos arcaicos na elaboración de alimentos como o pan ou o queixo ata hoxe para producir antibióticos ou vacinas.

E quen sabe se no futuro algún de nós tamén se dedica á ciencia?? Hoxe xa nos meteron o gusanillo no corpo…..