PROXECTO COIDEMOS OS BOSQUES: murais informativos sobre Parques naturais de Galicia

Boas  rapazada!

Os traballos non deixan de chegar e cada un é tan ou máis interesante que o anterior! Mirade se non que cousas bonitas fixeron na aula de 6º A investigando sobre a flora e fauna dos principais parques naturais de Galicia! Se queredes velos con detalle non tedes máis que achegarvos á entrada da biblioteca onde xa levan expostos dende hai varios días.

Esperámosvos!