Boas nen@s!
Como estades? Por aquí lendo a carta que nos mandou Agapito contándonos a súa viaxe por todo o mundo. O que non esperaba o noso amiguiño era atopar a tanta xente desta vila en diferentes lugares.
Contáronlle moitas historias de Palmeira que non coñecía (e non será polos libros que leva lidos!). Para que todos as coñezamos proponnos que fagamos un exemplar sobre Palmeira para a nosa biblio así que, dende as aulas e coa colaboración das familias, xa estamos ao choio. Agardamos que todo estea ben!
Saúdos.